Marcos Orsi / Actor

Marcos Orsi

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Marcos Orsi
Marcos Orsi
Actor
Nome completo: Marcos Helly Orsi
Santo André (São Paulo, Brasil) 1964   



Comezou a súa carreira actoral nos primeiros oitenta coa “Arte Livre” do seu São Paulo natal. Con esta compañía dramática, Orsi vén a Europa no 86, e acaba fixando a súa residencia en Galicia. Sobe ao escenario con diversas compañías teatrais como Ollomol e Centro Dramático Galego. Tén actuado en varias teleseries entre as que destacan “Rías Baixas” e “Hospital Central”. No ámbito cinematográfico os seus papeis máis relevantes inclúen interpretacións en “O agasallo de Silvia” e “O lapis do carpinteiro”. Tamén tén experiencia no eido publicitario.

Premios e recoñecementos: Premio Compostela 1992 como mellor actor secundario por "Un soño de verán". Premio Compostela 1994 como mellor actor protagonista por "Commedia, un xoguete para Goldoni". Nominado como mellor actor aos premios Mestre Mateo 2003 por "Rías Baixas".


Formación específica: Curso de interpretación ante a cámara con Paco Pino e Luis Jimeno.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 7 videos de Marcos Orsi

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Marcos Orsi

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Marcos Orsi (10)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org